Subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación de 12 peóns no Concello de Pontecesures.
A Deputación de Pontevedra, a través do Plan de emprego 2013, destinado a todos os concellos da provincia, venlle de conceder unha subvención por importe de 55.179,36 ? a este Concello para a contratación de 12 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/06/13 ate o 30/11/13), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.
En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:
– 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029
– 4 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019
– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en xeral, CNAE: 92.101.050.
A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego a vindeira semán. A selección definitiva será a finais do próximo mes no concello entre todos os candidatos/as enviados dende a oficina de emprego.
0 comentarios