Precintan unha obra en San Xulián por non axustarse á licenza.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Con data 23/03/13 paralizouse por parte da alcaldía de Pontecesures unha obra na rúa do Coengo nº 22 e 24 de San Xulián, e con data 19/04/13 decretouse de novo a suspensión porque as obras continuaban sen atender á primeira paralización. As obras realizadas sen axustarse á licenza foron as de «reparación/rehabilitación dun conxunto de edificacións anexas en estado ruinoso, con reparación de muros en mampostería, así como a execución de cuberta de fibrocemento e tella cerámica» A licenza concedida era unicamente para reparación dos muros existentes co fin de garantir a seguridade, e se excluía expresamente a realización de obras de adición de novos elementos aos muros existentes así como obras que xerasen volume edificado.
Ordenouse así por parte do alcalde á Policía Local o precintado das obras, que tivo lugar o día 24/04/14 ás 10 horas, engadíndose no decreto que se o promotor infractor retiraba os precintos e continuaba coas obras lle sería imposta unha multa coercitiva de 600 euros, reiterable ata o cumprimento da orde de paralización, e se poñería en coñecemento do Ministerio Fiscal para depurar as responsabilidades penais correspondentes.

Na mañá do sábado, 27 de abril, xa non había precintos na obra.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.