Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

Precintan unha obra en San Xulián por non axustarse á licenza.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Con data 23/03/13 paralizouse por parte da alcaldía de Pontecesures unha obra na rúa do Coengo nº 22 e 24 de San Xulián, e con data 19/04/13 decretouse de novo a suspensión porque as obras continuaban sen atender á primeira paralización. As obras realizadas sen axustarse á licenza foron as de “reparación/rehabilitación dun conxunto de edificacións anexas en estado ruinoso, con reparación de muros en mampostería, así como a execución de cuberta de fibrocemento e tella cerámica” A licenza concedida era unicamente para reparación dos muros existentes co fin de garantir a seguridade, e se excluía expresamente a realización de obras de adición de novos elementos aos muros existentes así como obras que xerasen volume edificado.
Ordenouse así por parte do alcalde á Policía Local o precintado das obras, que tivo lugar o día 24/04/14 ás 10 horas, engadíndose no decreto que se o promotor infractor retiraba os precintos e continuaba coas obras lle sería imposta unha multa coercitiva de 600 euros, reiterable ata o cumprimento da orde de paralización, e se poñería en coñecemento do Ministerio Fiscal para depurar as responsabilidades penais correspondentes.

Na mañá do sábado, 27 de abril, xa non había precintos na obra.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.