Xabier Ron, de AGE, pide suspender o concerto da cantante israelí Noa.
Di que é unha intérprete que «apoia e xustifica a colonización de Palestina e a violencia racial que o Estado israelí aplica sobre a poboación árabe»
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) considera que «non é de recibo» gastar diñeiro público nunha intérprete que «apoia e xustifica a colonización de Palestina e a violencia racial que o Estado israelí aplica sobre a poboación árabe», polo que pide suspender o concerto de Noa e reclama á Xunta que faga «prevalecer a ética» á hora de contratar artistas.
Nun comunicado, AGE resalta que as simpatías co sionismo militar de Noa «son notorias» e recorda que en 2009 chegou a denominar «traballo á matanza, efectuada polo Estado de Israel a través do seu exército, de 1.400 palestinos na Franxa de Gaza».
«Non imos considerar a arte musical da solista», di o deputado Xabier Ron, quen advirte, a liña seguida, que «non todo vale neste mundo e a ética debe prevalecer tamén na contratación de artistas pro parte da Administración pública».
Alternativa recorda que o pobo de Palestina «vive hoxe prisioneiro no seu propio territorio, rodeado dun enorme muro que segrega as xentes». Así, tamén esixe á Xunta que «rompa relacións con Israel e cancele o concerto do 21 de maio», que recentemente anunciou a Consellería de Educación e Cultura.
«¿ Como podemos contratar unha persoa que apoia unha colonización denunciada por organismos internacionais ou un bloque a Gaza que impide a chegada ao lugar de alimentos e medicinas?», pregúntase o parlamentario de AGE, grupo que tamén preguntará á Consellería de Cultura polo custo do concerto e se apoia os actos de «ocupación» do territorio de Palestina e a «constante vulneración dos dereitos humanos por parte de Israel».
EL CORREO GALLEGO, 12/05/13
5 comentarios
DROIDE · 15-05-2013 a las 17:07
E bochornoso que se faga unha xeneralizacion polo feito de posuir unha nacionalidade non quere dicir que comulgues co goberno nin coas medidas e as accions que este leva a cabo.
Cando era esa esquerda a que hai uns anos defendia e apoiaba a causa israelí
Princo · 15-05-2013 a las 23:55
Vaia empanada DROIDE. Acaso liches a noticia?
Terceiro parágrafo: «as simpatías co sionismo militar de Noa ??son notorias? «
DROIDE · 17-05-2013 a las 01:33
Eu terei, pero ti non sei se estaras moi enterado e de cal foi a frase exacta. Para que a tachen de «simpatizante sionista»; porque a sua frase foi de repulsa polos actos de Hamas, e ata onde a miña «empanada» me permite ver Hamas e un grupo terrorista e yihadista.
Por favor aprende a contrastar as cousas que pasan no mundo en tragalas edulcoradas coma nolas ofrecen.
javahacks · 19-05-2013 a las 09:06
Non é unha xeneralización,droide. Os motivos estan ben explicados, ten bastante razón Princo sobre a túa empanada.
DROIDE · 20-05-2013 a las 01:14
Pero deixadevos de empanadas e ofrecedeme argumentos propios.
– Para quen non o sepa, o conflicto arabe-israelí foi comezado polos palestinos cando os territorios en cuestion deixaron de ser protectorado britanico, e a liga arabe rexeitou a division equitativa feita polas nacions unidas invadindo os territorios asignados ao Estado Israeli
-Por outra banda, a carencia de alimentos e menciñas e resultado da propia guerra civil que vive Palestina.
-As duas faccions palestinas tanto os islamistas de Hammas como os socialistas de Al-fatah teñen realizado actos terroristas de modo que non solo son o de un bando os malos da pelicula.
-Por sorte dende fai uns anos, en este pais non se reprime a xente polas suas ideas politicas, pero realmente non sei ata que punto.
-A gran hipocresia destes grupos socialistas, nacionalistas etc. que non se acordan do apoio que prestaron na fundacion do estado de Israel e aos movementos sionistas, nos que viron un exemplo no que apoiar os seus propios fins.
-E xa pa rematar, que pedindo a suspension do concerto, vulnerase a propia soberania popular de decidir e forxar a sua propia opinion.