O festival das Letras Galegas 2013 resultou bastante deslucido.
Celebrouse o pásado sábado, 18 de maio, unha edición máis deste festival folclórico coa participación das dúas agrupacións do municipio e doutros dous grupos de Viana do Castelo (Portugal) e de Palas de Rei.
O goberno local este ano, en lugar de colocar unha carpa na Plazuela baixo a plataforma para as actuacións, como se fixo sempre no caso de ameaza de choiva, decidiu nos días previos que o festival se celebrase no Polideportivo Municipal.
Como se esperaba o festival resultou bastante deslucido non entendendo a decisión. Todos coñecemos as deficiencias acústicas dese recinto e todos sabemos que tanto as agrupacións como os veciños prefiren que o festival se celebre sempre na Plazuela da vila onde acode máis público. Tamén foi apreciable a desorganización e improvisación en xeral (o desfile previo foi un bo exemplo)
Una vez máis o goberno local devalúa un acto tradicional do concello que ten máis de dez anos de vida. Os recortes nos gastos do festival foron considerables nestes dous anos do goberno tripartito actual que houbo que asumir. Pero non é de recibo que por uns 800 euros que costa a colocación dunha carpa se transmita esa impresión que que o festival é un mero trámite que hai que realizar e punto.
Non hai ilusión no executivo, non se valora o traballo das agrupacións e se ese é o interese de fomentar o folclore tradicional do grupo de goberno mal imos.
Pontecesures, 20/05/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
1 comentario
Cara de cona · 22-05-2013 a las 19:56
Desfile hubo……..pasou polo bar Mambis….con Cecilia Tarela na cabeza…….. e presumindo……o tempo pasa…..en cesures siguen as formas….recordoume o finado do toupa….diante da banda….coas bombas nas festas….igualico…igualico….a onde chegamos…aquel traballaba para o xefe de epoca……esta para quen traballara………porque o xefe de agora non aparece…..