Pementos de Herbón para o papa Francisco.
Segundo o presidente do Consello Regulador do Pemento de Herbón, as produtoras van facer xestións para facerlle chegar ó pontífice este manxar // José Ramón Torreira sinala que, se o tempo mellora esta semana, a vindeira podería haber xa pementos no mercado, “aínda que non moitos” // Recoñece en Radio Obradoiro que é “case imposible” poñerlle fin á comercialización fraudulenta deste produto
A adversa climatoloxía está provocando un retraso na chegada ós mercados dos pementos de Herbón, un produto “tropical, ó que lle afectan moito as baixas temperaturas e a falta de luz”. Así o explicaba este luns, en Radio Obradoiro, o presidente do Consello Regulador do Pemento de Herbón. Segundo José Ramón Torreira, será o tempo “o que marque o pistoletazo de saída da campaña”. Se nestes días mellora e suben algo os termómetros, “a vindeira semana poderiamos ter algún, pero poucos”. Para que o pemento complete o seu crecemento precisa “unha temperatura nocturna duns 15 graos, e unha diurna de entre 25 e 30”.
O presidente do consello regulador recoñecía nesa entrevista que é “case imposible” poñerlle coto á comercialización de pementos que non son de Herbón e que son vendidos como tales. Torreira sinalaba “que onte mesmo, no mercado de Padrón, había moitos pementos que a saber de onde veñen. ? un engano e un pequeno timo, xa que se venden caros como se foran de aquí en orixe e calidade”. ¿Como distinguilos? “A única maneira de sabelo é pola Denominación de Orixe Protexida: hai que mirar que estean envasados co logotipo da D.O. e fixarse tamén en quen é o envasador”.
Non sabe Torreira se, como ben sendo habitual dende hai xa moitos anos, o Concello de Padrón lle fará chegar pementos este ano á Casa Real. O que sí confirmou é que “as produtoras van facer xestións para facerllos chegar ó papa Francisco”
EL CORREO GALLEGO, 20/05/13.
0 comentarios