Nota íntegra da ACP sobre o tribunal de selección de peóns de obra pública en Pontecesures.
O pasado día 22/05/13 tivo lugar na Casa do Concello de Pontecesures a selección de seis peóns de obra pública (Plan de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra). Un dos compoñentes do tribunal foi un dos traballadores municipais encargados do servizo de obras do concello.
Pois ben; este traballador formou parte da candidatura do BNG co nº 5 nas pasadas eleccións municipais de 2011, e ocupou durante bastantes anos o cargo de responsable local da formación nacionalista. Dende 2007, no que se publicou o Estatuto Básico do Empregado Público, non poden formar parte dos tribunais de selección do persoal os cargos políticos. Non ocupa un cargo político o traballador aludido no noso concello, pero resulta pouco serio, e sobre todo pouco ético, que forme parte do tribunal. Parece claro que o espírito da normativa trata de evitar a participación dos políticos nos tribunais de selección de persoal.
Foi o alcalde, tamén do BNG, Manuel Luis Álvarez Angueira, o que nomeou para o tribunal ao seu compañeiro de formación e de candidatura. Este concelleiro considera que isto non debe repetirse.
Non pon en dúbida este concelleiro o labor de ninguén no tribunal de selección destes peóns. Non vai facer o que fixeron en 2010, Manuel Luis Álvarez Angueira, Cecilia Tarela e Margarita García, todos eles do BNG, daquela concelleiros da oposición, cando pediron varios expedientes de selección de persoal do goberno anterior (baremos, criterios, documentos dos seleccionados, dos non seleccionados, etc…) sementando todo tipo de dúbidas na cidadanía. Tan só solicítase que o traballador compañeiro de candidatura do BNG dos actuais gobernantes non forme parte no futuro neste tipo de tribunais co fin de evitar suspicacias.
Pontecesures, 25/05/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
2 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2013 a las 14:45
Esta nota íntegra é moi clara, «papagos». Para mín non é ético que o nº 5 da candidatura do BNG nas eleccións locais de 2011, e anterior responsable local da formación, sexa membro do tribunal. Nada ten isto que ver cos delegados sindicais.
Dende que entrou en vigor o Estatuto Básico do Empregado Público, co goberno anterior nunca formou parte dos tribunais ningún traballador que fora en candidatura algunha nin ocupara postos directivos nas formacións políticas (e houbo tribunais dabondo). Con este goberno vexo que sí. Aí está a diferenza e agora os veciños xulgarán se a eles lle parece ben ou pensan como eu e como outras persoas que comparten a miña crítica. Pouco máis hai que dicir.
o palillo · 28-05-2013 a las 14:27
eu so digo unha cousa en que cabeza colle que se colla xente solteira que viven cos pais sen cargos ,que todos teñen dereito ,pero segun me dixeron amin persoal do concello que era para xente moi necesitada , se eu espoño esto aqui e porque a miña situacion e moi dificil mais ca de catro persoas que entraron nos postos ,vivo da axuda familiar, teño dous fillos ,o meu marido non cobra nada e unha hipoteca de345 euros ,gracias a familia que me axuda ,de non ser asi xa estaria vivindo debaixo dos arcos da ponte ,pero a estes señores non lle importa nada ,incluso fun o inen antes de que se mandaran as cartas a espoñer a miña situacion e aseguraronme que eu seria unha das casas a que lle chegara a carta para ir a seleccion ,pero ainda estamos a esperar eu mais o meu marido ,eu xa non sei de quen e aculpa ,pero se algen e capaz a sobrevivir nesta situacion que me explique porque eu non son capaz ,con esto non culpo a nigen porque non sei de quen e a culpa pero para a prosima pidolle que se mire ben todo .