Problemas de salubridade no espazo de xogos da rúa Carlés.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Na rúa Carlés de Pontecesures hai un pequeno espazo público con xogos para os rapaces que é bastante utilizado, sobre todo, polos veciños dos edificios desta rúa. O problema é que neste espazo adicado a parque atópanse a miúdo numerosos excrementos de cans que inflúen moi negativamente na utilización da instalacións coas conseguintes queixas

O goberno local, que é coñecedor deste problema sanitario e de salubridade dende hai tempo, debe ordenar a colocación inmediata dunha cartelería prohibindo a presenza de cans nestas instalacións.

Pontecesures, 01/06/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

tama · 3-06-2013 ás 11:33

ESTO ? PENOSO!!!….
NON SE SOLUCIONA CON PO?ER O CARTEL.. PORQUE A XENTE SABE DE SOBRA QUE NON SE PODE ENTRAR COS CANS (QUE HAI QUEN ENTRA IGUAL) O QUE TE?EN QUE FACER ? QUE POLO MENOS DUAS VECES Á SEMANA DEBERIAN LIMPAR O PARQUE… E NON SER A NAIS QUEN TE?AN QUE RECOLLER CON PAPEIS OS EXCREMENTOS E CRISTAIS DOS BOTELL?NS..E MOISTAS COUSAS MÁIS.. COMO POR EXEMPLO… PRESERVATIVOS….

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.