Pontecesures inicia un curso de iniciación á informática para a terceira idade

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Esta actividade ten como obxectivo achegar aos veciños e veciñas de máis idade ás novas tecnoloxías.

Trátase dunha proposta dirixida a persoas adultas e, especialmente, á terceira idade. Dito curso ten por obxecto principal ensinar aos alumnos e alumnas coñecementos básicos de informática (por exemplo, os pasos que deben seguirse para pedir cita no médico a través de internet).

Este curso é totalmente gratuíto para as persoas interesada en participar nel, e se desenvolverá a partires do mes de agosto no flamante aula TIC establecida no semisoto do Concello.

O prazo de inscrición neste proxecto xa está aberto. Para anotarse é preciso acudir á da Casa do Concello, en horario de oficina. O número de prazas é limitado (ofértanse un total de 15).

As sesións impartiranse os venres de 10 h. a 11.30 h. e o obxectivo e introducir aos asistentes en conceptos básicos de informática e no mundo das novas tecnoloxías. A idea é partir de cero, polo que non se require formación nin coñecementos previos. As clases serán impartidas por membros do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.