Acto homenaxe polo décimo aniversario do pasamento de “Borobó” en Boiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

asbo

Organizado pola Asociación Cultural Borobó, o sábado 24 de agosto, ás 20 horas, celebrarase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro un acto homenaxe polo décimo aniversario do pasamento do cesureño D. Raimundo García Domínguez, “Borobó”.

Estará estruturado en torno a unha mesa redonda con Xoán Guitián, Claudio Rodríguez Fer e Xesús Santos como convidados; unha interpretación musical a cargo do Grupo Tradicional Arume; e unha letura teatral realizada por membros de Teatro de Improvisto.

A presidenta da asociación, Silvia García Mirón, convidou ao acto a todas as asociacións culturais de Pontecesures.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.