Nota da ACP sobre a Escola Infantil de Pontecesures.
O goberno local de Pontecesures aprobou en 2012 unha importante suba das taxas da escola infantil que entrou en vigor no verano dese ano, fixando as contías máximas decididas pola Xunta de Galicia para as súas garderías cando pudo acordar unha suba inferior ás mesmas.
Na modificación da ordenanza fiscal, aprobada só cos votos do goberno local, deixou previsto o executivo (podía non facelo, por suposto) que a Xunta de Goberno Local, composta só por membros do goberno, elevaría os prezos cada curso escolar en función do IPC referido ao mes de xuño de cada ano e así non só foron subidas as taxas en 2012 senón que agora temos unha suba cada ano, por moito que os gobernantes lle chamen ??actualización?.
Deste xeito, na Xunta de Goberno Local que tivo lugar no día de hoxe, eleváronse os prezos un 2,2% facéndose referencia ao termo ??actualización?. Ante isto a ACP matiza:
1. Aplicando o rodillo nas votacións, o goberno local deixou delegado na ordenanza o tema dos prezos da gardería na Xunta de Goberno Local, fuxindo do debate plenario, non tendo en conta para nada aos concelleiros da oposición.
2. Contrasta bastante a presa do goberno para subir as taxas, coa desastrosa xestión en canto ao funcionamento da escola infantil, pechada durante o mes de agosto e deixando a 17 nenos/nenas sen servizo co conseguinte prexuizo para os pais/nais.
En fin; que hai moita dilixencia á hora de cobrar e moi pouca para arranxar a problemática da xestión do servizo e das instalacións.
Pontecesures, 27/08/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios