Limpezas de distintos lugares de Pontecesures
O Goberno de Pontecesures ven de efectuar durante toda esta semana limpezas de desbroce con un tractor por distintos lugares. Estas limpezas eran demandadas por veciños, e atendendo a estas peticións contratouse un tractor que fixo durante esta semana distintos percorridos:
– Pozo da Cornelia, monte de Porto, Calera e rúa do Campo.
– Pista do regadio e zona de Baño dende Chanteclair.
– Pista da Barosa e subida o Mirador do Galiñeiro.
– Estrada de Grobas e a Fenteira.
– Patio do Colexio, e arredores.
Agardamos que con estas limpezas foran satisfeitas as demandas da veciñanza.
Tamén solicitamos a colaboración veciñal para que manteñan limpas as súas propiedades, e as beiras dos camiños lindeiras con estas, para manter en bo estado o patrimonio de todos, como son os distintos camiños que discurren polo noso Concello.
4 comentarios
catarres · 9-09-2013 a las 17:29
E o regato de portarraxoi que? Sempre dando pena, con mil disculpas do señor ángel Soto, que si cambió de gobernó, que si non temos homes , que si non temos tempo, o que non ten e vergonza.
Cara de cona · 9-09-2013 a las 18:30
Non e Soto, catarres……….e Souto…….e que no veran non ve a merda por todas partes………..sabes porque?…..porque leva unhas gafas de sol oscuras…….pero agora vai ver todo……xa ten un descapotable…….como farda……..que importante…..a nobleza….o principe de Condide…….jo…jo…jo….
licantropo · 12-09-2013 a las 11:20
non ve ou non quere ver so miran de limpar no centro do pobo, de aranxar o parque de xunto o concello, e os impostos pagamolos todos, e todos merecemos que nos limpen os camiños e nos arranxen os parques.
En san xulian ai camiños sen limpar e algo o que lle chaman parque, que nin xogos ten e iso que ai non sei canto tenpo tiñanos na nave para montalos e agora caseque e mais grande a herba que ten que os bancos para sentarse.para facer iso e estar abandonado era millor botar chapapote e asi os rapaces xogaban o futfol polo menos e non criaba herbas
Luis Angel Sabariz Rolán · 12-09-2013 a las 15:22
A ACP dícia o 25/05/12 o seguinte sobre a zona de esparcemento en San Xulián da que falas, «licantropo»:
«»Unha das obras do goberno anterior foi a construción dun área de esparcemento no Camiño dos Acevedos de San Xulián aproveitando un espazo público existente a carón da pista e tendo en conta que tanto nenos como maiores deste lugar non contaban na zona cun área deste tipo.
A obra foi ben acollida pola veciñanza e deixamos encargados dous pequenos xogos para os rapaces co fin de colocalos neste espazo público (na fotografía apreciase o cadrado reservado para tal fin) que chegaron ao concello en xuño pasado coincidindo coa renovación da corporación.
Estiveron bastantes días os xogos empaquetados na Casa do Concello, trasladándose, ao parecer á nave de obras, pero o certo é que non se colocaron no área de esparcemento do Camiño dos Acevedos. Incluso foron aboados os xogos, pois o 7 de xullo de 2011 decretouse polo actual alcalde o pago a Ludípolis S.A da factura nº 1018 do 15 de xuño por importe de 887,36 euros e que corresponde a un pequeno balancín e a outro similar de muelles.
Hai xa meses solicitouse ao goberno local que se colocaran canto antes eses dous xogos infantís no área de referencia para disfrute dos nenos completándose así unha actuación que recuperou un espazo público abandonado no que non había máis que desperdicios para convertelo nunha zona acondicionada para disfrute de todos.
Non se fixo caso, e nun pleno ordinario preguntouse por esta cuestión, respostando o goberno que non se podían colocar os xogos nese área polo perigo que repesenta o bordillo de adoquín do espazo reservado. Se lle indicou que quitarán entón ese bordillo co persoal municipal e aumentaran a zona de ser preciso, para logo colocar, dunha vez, os xogos.
Pois ben; levamos agora a sorpresa de que os dous xogos foron colocados no parque infantil do peirao da rúa Eugenio Escuredo, deixando o área do Camiño dos Acevedos sen os elementos.
A ACP non está de acordo coa medida. O goberno local non remata as actuacións pendentes do anterior goberno, actúa de xeito caprichoso e ademais prexudica aos veciños da parte alta do lugar de San Xulián que se quedan sen os xogos. Esperemos que a asociación de veciños do lugar tome boa nota desta decisión inxusta do equipo de goberno á hora de pedir explicacións sobre as actuacións municipais que afectan ao lugar.
Pontecesures, 25/05/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures»»
Pois ben; con posterioridade, a obra de acondicionamento da zona foi ncluída polo goberno local nun plan da Deputación que a vai sufragar ao 100% o órgano provincial. Pero, claro, a obra todavía non foi executada é resulta lamentable que ata que se faga permaneza este espazo en estado tan deficiente. Todo este tempo está perdido e cos pequenos xogos comprados polo goberno anterior para ese sitio colocados noutro parque. ¿Que queren mellorar a actuación anterior?. Ben; pero, alomenos, que tiveran a zona decente e que poidera ser aproveitada por nenos e maiores nos dous anos que xa pasaron dende que rematou a obra.