O Concello de Pontecesures solicita asfaltados.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Con data 05/09/13 o alcalde de Pontecesures asinou a seguinte resolución da alcaldía:

“Vista a Orde de 8 de agosto de 2013 de Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no D.O.G. nº 152 de 9 de agosto de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo FEDER:

RESOLVO:

1. Aceptar as condicións de financiamento de demáis requisitos establecidos na devandita orde; polo que o concello pode solicitar unha axuda de 46.000 euros (80%); asumindo os restantes 11.500 euros (20%).

2. Adherirse xuno cos concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas, e presentar un proxecto global no que se recollan diversas actuacións en cada concello, pois os proxectos mancomunados de varios concellos acadan máis valoración segundo a orde.

3. Solicitar unha subvención por importe de 57.500 euros para a realización das obras de asfaltado que se mencionan máis adiante; englobadas nun proxecto conxunto mancomunado dos catro concellos solicitantes, por importe total de 230.000 euros, correspondéndolle a cada concello un 25% (57.500 euros).

4. A actuación que presenta o Concello de Pontecesures recollida neste proxecto refírese ao asfaltado de 13 rúas e puntos dos camiños municipais, segundo memoria elaborada polo arquitecto municipal.”


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.