Satisfacción da ACP pola subvención da Xunta para o arranxo da Praza de Abastos.
Con gran satisfacción recibeu a ACP a concesión por parte da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia dunha subvención de 8.712 euros para a obra de «Reparación do Mercado Municipal de Pontecesures» que ten un custo total de 11.6216 euros (a diferenza debe achegala o concello), segundo o documento técnico redactado polo arquitecto municipal.
Con esta obra vanse reparar os tirantes da cuberta que presentan bastantes deficiencias podéndose ocasionar, de pasar máis tempo, situacións de risco. Precisamente a oposición, a través do voceiro do PP, interesouse nun pleno ordinario polo arranxo dunha serie de deficiencias estruturais no edificio de Praza de Abastos de Pontecesures. Esperemos que agora todas as deficiencias queden solucionadas contratando a obra o goberno local coa maior celeridade.
Pontecesures, 07/09/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios