Pontecesures acomete obras de mellora de cara o inicio do curso escolar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O Goberno local de Pontecesures informou onte dos diferentes traballos de mantemento levados a cabo no CPI Infesta ante o inicio do curso escolar, segundo informou o concelleiro de educación, Roque Araújo.
As actuacións levadas a cabo inclúen a limmpeza do recinto e desbroce da maleza, para o que se utilizou un tractor. Neste particular desbrozouse a parte posterior do pavillón de do ximnasio do colexio, “algo que demandaban os veciños”. Ademais levouse a cabo o adecentamento dos accesos (Pinjo Manso, Infesta, etc…) e reparacións diversas de fontanería, electricidade e carpintería.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 12/09/13


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.