Agradecemento ao ADIF polos traballos realizados na Estación de Pontecesures.
Hai uns días a ACP solicitou ao ADIF a limpeza e o acondicionamento do canalón da marquesina do andén principal da estación xa que con estas choivas que temos filtrábase auga que baixaba pola fachada e inutilizaba unha zona de espazo de abrigo para os viaxeiros. Tamén foi solicitada a recolocación dalgúns paneis do teito da marquesina que se atopaban parcialmente despegados por mor das augas.
Pois ben: foi ben rápida a reacción do ADIF pois xa foron realizados os traballos para satisfacción de todos. ? máis, este vez sen tanta celeridade, tamén foi reparado a maiores o tellado do edificio anexo ao principal da estación (onde se atopaban antes os aseos). Xa hai tempo a ACP solicitara este arranxo pois aínda que este anexo non se utiliza, estábase a danar toda a estructura da edificación por mor da filtración das augas e transmitíase unha imaxe de abandono que prexudicaba a este servizo público.
Pontecesures, 05/11/13
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios