O persoal laboral de Pontecesures cobrará unha parte da extra de Nadal 2012 (1/12 aproximadamente)

Publicado por Redacción o

O día 7 do mes que andamos ditouse polo alcalde de Pontecesures a seguinte resolución:

“”Vista a sentenza nº 00443/2013 do Xulgado do Social nº 1 de Pontevedra en relación cos autos nº 518/2013 seguidos a instancia de D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, Dna. Luz María Freiría Caldelas e D. Fernán Couro Araújo sobre conflito colectivo, e dado que no fallo da mesma se declara o dereito da plantilla do persoal laboral do Concello de Pontecesures a percibir a paga extraordinaria de Nadal do ano 2012 no importe correspondente aos servizos prestados con carácter previo á entrada en vigor do R.D. Lei 20/2012, dende o 1 ata o 1 de xullo de 2012; esta alcaldía,

RESOLVE:

Que se proceda ao abono a toda a plantilla do persoal laboral do Concello de Pontecesures da parte proporcional da paga de Nadal do ano 2012 devengada dende o 1 ata o 15 de xullo de 2012, con anterioridade á entrada en vigor do R.D. 20/2012; de conformidade coa sentenza nº 00443/2013 correspondente aos autos 518/2013″”.

Naturalmente isto afecta ao persoal que non cobrou a extraordinaria de Nadal 2012 e non aos traballadores que sí a cobraron íntegra ao non chegar as súas retribucións á cifra fixada no R.D. Lei 20/2012.er


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.