O Director Xeral de Deportes desminte as acusacións sobre a paralización do fútbol base.

Publicado por Redacción o

José Ramón Lete, Director Xeral de Deportes manifestou na Radio Galega que a Xunta destina aos seguros dos deportistas do fútbol base algo máis de 300.000 euros para que sexa a propia Federación Galega de Fútbol a que asine a póliza correspondente. Nestes días estase a prorrogar pola administración autonómica o contrato entre a Xunta e as compañías aseguradoras para cubrir o seguro dos deportistas das outras disciplinas. Ata o de agora e dende hai algúns anos estaban incluídos tamén nesta póliza os futbolistas das categorías de base.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.