A ACP pide que se axilicen os trámites para xustificar en tempo a obra da praza de abastos.

Publicado por Redacción en

Ao abeiro da Orde da Consellería e Industria concedeuse ao Concello de Pontecesures unha subvención de 8.712 euros para a reparación dos tirantes da cuberta do edificio da praza de abastos que estaban bastante deteriorados cun orzamenteo global de 11.621 euros.

Pois ben; hai materiais de obra dende hai días no recinto pero da a sensación de que non rematou a actuación. O goberno local debe darlle a maior celeridade posible a este asunto, pois o 18 de decembro é o derradeiro día no que se pode presentar a documentación xustificativa do investimento na administración autonómica.

Unha vez máis hai que dicir que estamos diante dun goberno pasivo que deixa as cousas para última hora. Por outra banda, hai que dicir que non é de recibo que non saibamos nesta data os datos da adxudicación da obra. Intuímos que estarán entre os acordos dalgunha sesión da Xunta de Goberno Local pero entre que recibimos as actas deste órgano colexiado as veces con retraso e que o goberno local de pouco nos informa, descoñecemos este extremo.

Só queda esperar que a obra remate con urxencia e que a reparación sexa a solución dos problemas que presenta a cuberta da instalación.

Pontecesures, 29/11/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.