Decisión pouco seria do goberno de Pontecesures en relación coa Policía Local.
Durante este mes de xaneiro, o coche patrulla da Policía Local tivo, ao parecer, unha importante avaría e os axentes non puideron utilizalo en varios días por estar no taller para a súa reparación.
Pois ben; durante eses días o goberno local tomou a decisión de que os axentes fixeran o servizo coa furgoneta do concello que se emprega para desprazar a traballadores municipales ou a colectivos deportivos.
Contando como conta o concello cun vehículo destinado a seguridade, emerxencias, e protección civil, que está dotado de luces rotativas, o normal sería que este vehículo fose utilizado pola Policía Local nos días no que o seu coche estivo inoperativo, e máis tendo en conta que para protección civil aínda temos outro vehículo.
A ACP fixo, no pleno ordinario do día 27 de xaneiro, o rogo de que non volva isto a suceder no futuro. Por respecto aos axentes e á veciñanza, e pola imaxe do concello débense cuidar estos detalles. Son decisións pouco serías dun goberno local que prexudican á institución municipal.
Pontecesures, 31/01/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
0 comentarios