Receitas inspiradas en Rosalía.

Publicado por Redacción en

rro

Patacas asadas de distinto modo, tostas con mel e papiñas de leite. Cinco receitas inspiradas no poema Has de Cantar de Rosalía de Castro serviron onte aos usuarios con discapacidade do centro ocupacional de Sorribas para amosar as amas de casa de Rois e as mulleres rurais de Urdilde o seu bo facer na cociña.

O taller de cociña enmárcase no proxecto Rosalía nos cinco sentidos, promovido polo Concello de Rois, a Asociación de Nais e Pais de Persoas Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (Amipa) e a fundación rosaliana, co fin de achegar a este colectivo a figura e obra da escritora.

Onte aprenderon co sentido do gusto e para iso 19 persoas con discapacidade e as súas monitoras vestiron o mandil na cociña do local das amas de casa de Rois para preparar varios tipos de patacas, tostas con mel e papiñas con leite, esas receitas que Rosalía lle daba a meniña gaiteira para que cantara.

Coa lectura do poema rosaliano, os compañeiros e compañeiras de Amipa elaboraron e explicaron as receitas repartidos por grupo, baixo a atenta mirada das mulleres de Rois que, a súa vez, deleitaron ao colectivo coa súa música de pandeireta e as súas cantigas, antes de degustar o cociñado.

Tralo taller de onte, o proxecto Rosalía nos cinco sentidos chega a recta final e so lles queda dúas actividades. A próxima servirá para relacionar a vida e obra da poetisa cun olor. Para iso, o colectivo de persoas con discapacidade fará vindeira semana dous talleres relacionados con flores para o día 28 de marzo ir a horta da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, e clasificar e recoñecer variedades de camelias polo seu olor.

Está pendente, ademais, unha ruta por espazos que aparecen nos poemas de Rosalía de Castro e que tivo que ser suspendida polo mal tempo. En principio, quedou aprazada para o 24 de maio. Servirá para achegar a obra da autora do Sar non so as persoas con discapacidade de Amipa senón a todas aquelas que queiran participar na actividade, xa que é aberta a todo o público.

O proxecto de achegamento a figura de Rosalía de Castro arrancou a finais de febreiro cun concerto homenaxe a autora por parte da Escola Municipal de Música de Rois. Neste caso, Rosalía entrou polo oído; despois foi a vista cunha visita a Casa-Museo de A Matanza; onte tocoulle ao gusto coas receitas inspiradas no poema Has de Cantar e agora queda o tacto coa ruta e o olfato co taller de aromas da camelia e outros.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.