CONTESTACI?N DA CONCELLEIRA CECILIA TARELA (CONCELLO DE PONTECESURES) SOBRE AS ACUSACI?NS DOS GRUPOS PP, IP E ACP CON RESPECTO A EIM (GARDERIA MUNICIPAL).
Este fin de semana publicáronse nun medio de comunicación unhas graves acusacións sobre a miña persoa.
Eu Cecilia Tarela Barreiro fun chamada como testemuña a dúas vistas na audiencia de Pontevedra pola non subrogación do coordinador e mais da directora da anterior concesionaria da EIM. Nestes dous xuicios declarei e contestei a todas as preguntas que alí se me formularon. Unha destas cuestións, que foi a que causa todas estas acusacións, é si eu chamaba o coordinador do centro Juan Alvarez pedíndolle que puxera como directoras a Yolanda Jamardo ou a Magdalena García. A miña resposta a esta pregunta que me foi formulada en varias ocasións foi sempre a mesma: ESTA AFIRMACI?N ? MENTIRA. E así o terá que recoller a acta do xulgado. Acta que ademaís xa foi solicitada por mín nos xulgados do social de Pontevedra.
Este domingo (16/03/2014) sae publicada nos medios de comunicación unha nova dos tres grupos da oposición do Concello de Pontecesures PP, IP e ACP onde me piden explicacións públicamente.
O que vou a explicar e que todas as respostas sobre este tema xa as din baixo xuramento onde as tiña que dar que era no xulgado negando por activa e pasiva estes feitos.
Polo cal eu pídolle os membros da oposición que si teñen probas destas acusacións, que publicaron neste medio, que as fagan públicas e, se é o caso, que as denuncien e darei as miñas explicacións no xulgado.
Se non teñen ningunha proba sobre as acusacións que sobre min estan recaendo serei eu a que teña que tomar as medidas pertinentes sobre este tema.
0 comentarios