O EQUIPO XUNIOR FEMININO DO CB. RIO ULLA CAMPI?N DA LIGA ? GA?AR DE NOVO ? CORTEGADA (54 A 51)
O equipo xunior celebrando o triunfo ó remate do partido.
Este pasado domingo as nosas rapazas xa gañaran en Carril, por 12 puntos de diferencia. E onte voltaron a levarse a victoria, nun partido emocionante, pero no que domiñaron o marcador, salvo nos minutos iniciais, pois as rapazas do Cortegada arrancaron o encontro cun 4 a 7 ó seu favor. .
Larita Rarís driblando a unha rival no encontro de onte.
Pronto a defensa local roubou varios balón e conseguiron adiantarse primerio, para logo collar ás primeiras diferencias a prol do Rio Ulla (10 a 7 no minuto 6).
Un momento deste primeiro cuarto, onde Sandra anota dende a persoal.
As diferencias contra o final do primeiro cuarto elevábanse ata duplicar as locais ó seu rival (18 a 9).
Velocidade nas contras do Rio Ulla.
Sonia roubaba un balón durante a primeira metade.
as diferencias durante o segundo cuarto xa se movian nos 10 puntos a favor das locais.
Carla anotaba dende o tiro libre.
Na 2ª metade do encontro as diferencias oscilaban nos 8 a 12 puntos.
Tempo morto mediado o 3º cuarto co marcador de fondo.
Comezaba o derradeiro cuarto cun 42 a 34 no marcador.
Un minuto despois tempo morto do Cortegada, pois o Extrugasa Rio Ulla anotaba 2 canastas seguidas elevaba a diferencia a 12 .
O Cortegada non se rende e segue buscando canastas en penetracións e dobrar pase, mentras as locais entraban nunha fase de erros en ataque.
Tempo morto das locas. Antonio Pedrido, seu adestrador, non quería pasar apuros ó final.
Foron pasando os minutos e as diferencias se movian arredor deses 6 puntos de vantaxe par as locais.
Intercambio de canastas nos últimos minutos.
Antia Varela sumaba un novo tiro libre.
E chegábamos ó final co marcador de 54 a 51.
Saudo entre ambos equipos nunha final domiñada polas nosas, pero cun ambiente moi deportivo entre ambos equipos e aficións.
NORABOA CAMPEONAS.
0 comentarios