Hoxe xoves 10 de abril a orquestra MARBELLA estará no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM
Este xoves 10 de abril (dende as 20 horas ata as 4 ou 5 da madrugada) no programa decano das orquestras de Galicia, Palco de Estrelas con Daniel Seijas, contará en directo , nos estudios centrais de Radio Valga, con algúns dos compoñentes da afamada orquestra pontevedresa Marbella. Os ointes poderán falar con eles en directo a traves do fio telefónico. Tamén falarase con Felix Cabodevila, o xerente de Lugo Norte, para saber máis da organización de Exporverbena, evento que converterá a Lugo, o venres 11 e sabado 12 de abril , na capital mundial das orquestras cunha impresionante maratón de orquestras no Pazo de Congresos e Exposicións,con entrada de balde.
Ademais haberá coma sempre, concursos, información festeira, os santiños, Historia, chamadas en directo e a mellor musica de orquestras.
Tamén recordamos que para a semana que ven,dado que o xoves é festivo e o mercores hai final da Copa do Rei,o programa Palco de Estrelas adiantarase ó martes 15 de abril,no horario de sempre.
Escoita a emisora tamén por internet dos seguintes xeitos :
http://www.raddios.com/4322-radio-valga
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434
http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargada algunha destas 3 app : tunein , radios.net ou radio.es
0 comentarios