ADXUDICACI?N DAS OBRAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2013

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en


A Deputación de Pontevedra ven de adxudicar as proxectos solicitados polo Concello de Pontecesures  do Plan Provincial de Obras e Servizos 2013.

Os proxectos solicitados son os seguintes :

1)      Adecuación do parque infantil Vicente Moure.

As obras previstas consistirán, por unha banda, na adaptación do parque ás normativas de seguridade actuais, mediante a instalación baixo cada un dos xogos dun chan brando con capacidade para absorber caídas de ata 2,20 metros de altitude. Neste caso instalaranse unhas losetas absorbentes e preparadas para a plantación de céspede en superficie. Este chan colocarase tanto baixo os novos xogos que se instalen como baixo os actuáis que se conserven.

Por outra banda, prevese substituír parte dos xogos actuais, aqueles que se atopan máis deteriorados, por 8

novos xogos adaptados ás normas vixente. En concreto, se instalarán:

– 1 casiña de xogos

– 1 tobogán

– 1 tirolina

– 2 balancíns con formas de animais

– 1 estrutura de escalada

– 2 columpios dobres (cada un deles cun asento para nenos e outro para bebés)

A actuación completarase coa plantación do céspede sobre as losetas e coa colocación dun novo cartel informativo na entrada do parque xunto a casa do concello.

DSC04278

A obra foi adxudicada á empresa Lappset España VR, SL por un importe total de 46.723,93?

1)      Actuación de aforro enerxético na rede de alumeado público

O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación que consiste na substitución de luminarias na rede de alumeado público de varias rúas do municipio (AVDA. JOS? NOVO N??EZ, AVDA. DE VIGO, CAMI?O DE SAN XULIÁN, R?A DO CASTRO, R?A MIGU?NS PARRADO, R?A NOVA, R?A ULLÁN, R?A DO RIAL E PRAZA DE PONTEVEDRA)  co fin de reducir o consumo enerxético actual. Tamén está previsto completar a rede actual coa instalación de 10 novos puntos de luz en rúas con deficiente iluminación.

A actuación de aforro enerxético afectará a circuítos completos, regulados mediante 4 cadros de mando e sobre os que tamén se actuará para adaptalos aos novos equipos que se instalarán. As rúas afectadas son:

– Avda. José Novo Núñez – tramo 1 (entre ponte e camiño de San Xulián)

– Avda. José Novo Núñez – tramo 2 (entre camiño de San Xulián e avda. de Vigo)

– Avda. de Vigo

– Camiño de San Xulián

– Rúa do Castro (primeiro tramo desde a rúa do Pilar)

– Rúa Miguens Parrado

– Rúa Nova

– Rúa Ullán (o tramo entre rúa San Lois e a avda. de Vigo)

– Rúa do Rial (primeiro tramo desde a avda. de Vigo)

– Praza de Pontevedra

Actualmente estes viais contan con luminarias de vapor de sodio, cun alto consumo (150 e 250 W).

As luminarias viais substituiranse por luminarias LED coa potencia necesaria, as luminarias tipo globo substituiranse por unhas novas luminarias e as luminarias ornamentais (tipo villa, palacio, ?) substituiranse e adaptaranse para instalar novos módulos LED.

Ademais de cambiar o vapor de sodio por LED, para adaptar toda a instalación ás novas necesidades, serápreciso reformar parcialmente 3 dos centros de mando e totalmente o cuarto, coa instalación ou adaptación de reloxos astronómicos, adecuación dos cadros de protección e as acometidas, renovación das envolventes dos cadros, ?

Tamén será preciso optimizar os contratos de subministro de enerxía, de acordo cos novos consumos previstos.

Por outra banda, instalaranse 10 novos farois co seus correspondentes postes de formigón, cableado, soportes, caixa de conexión, fusibles, ? e se distribuirán tres no parque xunto ao campo de fútbol, dous nunha pista na zona de Redondo, catro no tramo final da pista do Regadío, e un na travesía entre a pista do Regadío e a rúa do Ensanche.

A obra foi adxudicada á empresa Setga, SLU por un importe total de 59.400?

ALUMBRADO 2
ALUMBRADO 1

ALUMBRADO 3

 

ALUMBRADO 4

 

ALUMBRADO 5

ALUMBRADO 6

 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.