Nota da ACP sobre a limpeza do peirao de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Despois de solicitalo varias veces, o día 11 de xullo pasado, persoal do Portos de Galicia comezou a limpeza de marxe do río Ulla do peirao de Pontecesures. Curiosamente as tarefas realizáronse o día anterior do remonte da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla polo que temos a impresión de que o organismo quería evitar que o estado lamentable do noiro, con maleza e desperdicios, fora advertido pola comitiva do remonte da que formaban parte varias autoridades ocasionando unha mala imaxe.

Pero, sorprentemente, os traballos cesaron o propio día 11 de xullo e só foi limpada a zona da marxe que está xusto fronte ao pantalán onde desembarcou o barco das autoridades (o máis próximo á ponte interprovincial sobre o río Ulla). Queda outro tanto de noiro do peirao que qeudou sen limpar con maleza moi alta e con bastante lixo. Por outra banda o tramo que se limpou, fíxose «a correr», deixándose a maleza sen recoller polas augas, e incluso no noiro aprecianse todavía algúns desperdicios, como botellas e plásticos, que non foron recollidos.

En lugar de acometerse unha limpieza a fondo con seriedade da marxe do río Ulla, acometeuse unha actuación incompleta para saír do paso.

A ACP solicita a Portos de Galicia que se limpe a fondo a marxe, dunha vez por todas, despois de tanto tempo. Tamén instamos ao goberno local de Pontecesures que realice as xestións oportunas diante do organismo público co fin de que a limpeza sexa unha realidade, defendendo os intereses do municipio e dos seus veciños e visitantes.

Pontecesures, 17/07/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.