Matizacións ás acusacións sobre os asfaltados de Pontecesures.
Por criticar a elevación do firme polos asfaltados das rúas Patifas, Otero Acevedo, San Lázaro e Carlos Maside, porque a nova cota pode provocar problemas de seguridade para o tráfico (os bordillos das beirarrúas agora son baixos respecto das estradas) e de asolagamento de garaxes, cualifícase a este concelleiro por parte do titular de Obras, Ángel Souto Cordo, de demagogo e manipulador.
Pois ben, quero matizar o seguinte:
1. O que se criticou foi que non se fixeran de traballos de fresado previos ao asfaltado destas rúas do casco urbano. Deste xeito permanecería a cota antiga e agora non habería problema de tapas nin de rebaixes nas zonas laterais.
2. O rebaixe previo antes de botar a nova capa de asfalto é o habitual nos viais con beirarrúas no casco urbano de calquera cidade. Agora en Pontecesures vemos que conflúen as rúas en cuestión con outras de firme máis elevado. O «salto» de nivel da moi mala impresión dos xestores municipais. Outra auténtica «chapuza» do goberno local.
3. Coñece perfectamente o concelleiro de obras o problema de asolagamentos que tivo sempre a rúa Carlos Maside. Botar máis metros cúbicos de asfalto enriba do antigo vai crear, obviamente, problemas coas augas das choivas.
4. Tamén pode haber problemas de seguridade`para os peóns, porque a altura das beirarrúas en relación coa calzada é agora moito menor e asi o risco de estacionamientlo irregular enriba das beirarrúas é evidente na marxe onde non hai estacionamentos.
En fin, que se deixe o concelleiro de confundir á veciñanza coa elevación das tapas e co rebaixe posterior dos laterais: Había que «fresar» antes a superficie a pavimentar, e isto resulta moi claro para calquera.
Xa por último, quero solicitarlle ao Sr. Souto Cordo en relación con esta obras que se pinten con toda urxencia os pasos de peóns borrados co novo asfalto polo risco para a seguridade que representa a situación actual.
Pontecesures, 26/09/14
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures
1 comentario
Luis Angel Sabariz Rolán · 26-09-2014 a las 17:16
O lamentable, e o que critican os veciños, foi non fresar antes o pavimento «Princo». Nesta nota está a resposta ás acusacións que me fixeron. Que se deixen agora de memorias e das tapas das arquetas. Conclusión: unha chapuza.