La ACP solicita á Deputación o pintado da estrada que vai dende a Praza dos Valeiros de Porto ata a Charca.

Publicado por Redacción o

A sinalización horizontal da estrada provincial EP-8602 en Pontecesures que vai dende a praza dos Valeiros de Porto ata a intersección no paraxe da “Charca” coa estrada autonómica PO-548 Pontecesures/Vilagarcia (son 600 metros llineais), e que ten un pequeno tramo no termo municipal de Valga, está totalmente borrada dende hai tempo e iso ocasiona problemas de seguridade viaria sobre todo polas noites ao non apreciarse nin o eixe divisorio dos carrís de circulación nin as marxes da estrada
En prevención de accidentes (é unha estrada bastante transitada), prégouse á Deputación Provincial de Pontevedra que, coa maior celeridade posible, se proceda ao pintado da sinalización horizontal do vial en cuestión.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.