No pleno ordinario do luns, 24 de novembro, este concelleiro, solicitou ao goberno municipal que se polos servizos municipais se emitira un informe técnico e outro xurídico sobre a posibilidad de talar árbores frutais nun espazo municipal de esparcemento público situado na parte traseira das vivendas de protección oficial construídas pola Xunta de Galicia a mediados dos anos noventa no Monte de Porto
A razón da petición é que este concelleiro (contrario á curta destas plantas) considera que para nada rexen as distanzas destes árbores coas fincas colindantes que fixa o PXOM como afirmou a concelleira de Medio Ambiente Urbano, Cecilia Tarela. Non estamos a falar dunha plantación de frutais senón dunhas poucas árbores frutais ailladas de carácter ornamental nun área de xardín. De todos os xeitos é decisivo realizar un levantamento topográfico da parcela municipal a partir dos planos que se reflicten nos proxectos das vivendas construídas en poder do concello e comprobar as distanzas das árbores coas parcelas dos lindeiros.
Á solicitude verbal no pleno, nada respostou o goberno local. Esperemos que tomen en conta a petición para resolver así un problema xurdido con motivo da deficiente planificación da obra de iluminación da zona de esparcemento por parte do goberno municipal.
Pontecesures puxo o broche final á celebración do seu centenario cun emotivo acto de clausura no que se rendeu unha 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰𝗶𝗱𝗮 𝗵𝗼𝗺𝗲𝗻𝗮𝘅𝗲 á 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶ñ𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝟵𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀, á𝘀 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗲 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀 𝗲𝗹𝗶𝘅𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗻 Ler máis
La empresa seguirá de momento con la recogida, pero la Mancomunidad estudia abaratar costes en el envío a la planta El próximo uno de enero, todo empezará a cambiar en la Mancomunidad Serra do Barbanza. Dos Ler máis
0 comentarios