A biblioteca municipal de Pontecesures sen calefacción.
Pois xa estamos á 2 de decembro e na Biblioteca Municipal de Pontecesures aínda non se acendeu a calefacción. Pouco lle importa esta instalación ao goberno local, que non substitúe a traballadora encargada nos seus períodos vacacionais ou de baixa permanecendo pechada, que mantén uns ordenadores para o «internet nas bibliotecas» practicamente inservibles, que non coloca o cartel anunciador na parte traseira do edificio para que o vexan os numerosos peregrinos do Camiño Portugués como tantas veces se pideu, que non arranxa a porta principal de madeira que leva meses deteriorada, etc..
Agora nin se acende a calefacción, prexudicando aos usuarios e incluso ao material bibliográfico pola humidade e polo frío. Resulta triste comprobar como a caldeira de «pellets» instalada con toda a ilusión polo goberno anterior permanece apagada e sen uso.
En fin; é o abandono de sempre, tónica habitual destes catro anos. Boas palabras do concelleiro de educación Roque Araújo pero a poboación a sufrir os recortes que tanto critica este goberno local das outras administracións.
Pontecesures, 02/12/14
O concelleiro de ACP
Luis Ángel Sabariz Rolán
1 comentario
Sanmiguel · 3-12-2014 a las 18:31
E o colmo do abandono, non sei para que temos os concellais, moito falan de cultura e de educacion da ciudadanía os do psoe e os do bloque e nin encenden a calefaccion da biblioteca, estes volven a epoca de Franco que habia que ir a escola con abrigo e manta como decia o meu abuelo