Encontros do PSdeG-PSOE cos veciños de Pontecesures

Publicado por socialistas de pontecesures en

asamblea aberta

Durante os meses de febreiro e marzo, a agrupación local do Partido Socialista de Pontecesures pon en marcha un ciclo de reunións abertas á participación de todos os veciños, co fin de que expoñan as súas demandas e opinións para incorporalas ao noso programa electoral.
Pretendemos que o programa socialista nas próximas eleccións municipais sexa un programa de todos e para todos os cesureños que queremos transformar Pontecesures nun pobo con futuro.
Invitamos a participar a todos os veciños que o desexen, e comezaremos o próximo xoves ,día 19, reuníndonos no noso local cos profesionais do comercio e a hostalaría que desexan expresarnos as súas opinións.


1 comentario

Piñeiro · 14-02-2015 a las 11:11

Es Roque do PSOE a quen quere vacilar?, que programa nin ostias, a que van ir os comerciantes a sede dos socialistas?, non firmaron que non queren os pasos elevados no medio de Cesures?, porque se van a facer logo?…agora din que van ser baixiños, pois si son baixiños e non fan dano, para que se queren?, porque gastades eses 20.000 euros cando se pode face outra cousas cos cartos?
Non veñas agora disfrazado de boíño, subichedes os impostos, devaluachedes todas as celebracións como lamprea, churro, entroido, coches, os roubos son continuos en comercios e casas con mal rollo polas calles sempre, solo basta ver as xardiñeiras do pobo abandonadas para ver o que atrae vir a Cesures o comercio, e agora ves co programa, estas de coña?
Costou manterte a ti a aos outros dous das exclusivas unha boa pasta estes catro anos, que vades transformar vos que escarallachedes todo? fai algo a primeira idea para o programa e que deixedes de cobrar dunha puñetera vez

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.