Lixo en abundancia no terreo situado a carón do Coche de Pedra.
Este é o lamentable estado que presentaba no día de hoxe, no que se celebra a Romaría de San Lázaro e a Festa da Lamprea, o terreo de ADIF situado no centro da vila a carón do monumento adicado as Feiras do Automóbil de Pontecesures. Os sinais do «botellón» son evidentes (vasos, botellas e outros desperdicios) e levan aí xa moitos días coa despreocupación do goberno local. Se onte era a Fonte da Plazuela hoxe é este terreo transmitíndose unha triste imaxe da vila aos numerosos visitantes que temos no día de hoxe.
E certo que o terreno é de ADIF, pero iso non xustifica que estea nestas condicións. Hai que ter en conta que o administrador ferroviario non é o responsable de que se deposite lixo na súa parcela e que as tarefas de limpeza destes residuos non deberían levar máis dunha hora de traballo. Haberá que chegar a un acordo para que a parcela estea limpa sempre e para iso o concello conta agora con nada menos que 19 traballadores subvencionados pola Deputación de Pontevedra para labores de limpeza e mantemento.
Dende a oposición xa nos interesamos nun pleno por este asunto, pero o goberno local continúa sen dar solución a un problema de salubridade e de imaxe no centro da vila.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures
0 comentarios