Antonio Fernández Angueira: ??Queda moito por facer por Padrón e fareino con seriedade?.
O avogado Antonio Fernández Angueira (4 de xullo de 1975), é o candidato do PP á alcaldía de Padrón, posto que ocupa dende 2011. Casado, con dous fillos, e gran afecionado ós deportes, Angueira confía en que os padroneses renoven a confianza nel o 24-M.
Que balance fai desta lexislatura?
A pesar destes anos de crise o balance é positivo. Acadamos do Ministerio de Fomento que dotase os fondos para reactivar a Variante de Padrón e finalizala, e tamén a primeira fase de adecuación da N- 550 no tramo Padrón??A Ponte. Grazas ao apoio da Xunta comezamos a humanización da zona da Trabancal e en estreita colaboración coa Deputación logramos sacar adiante varios proxectos de pistas e camiños, sen esquecer as achegas da administración provincial para o peche sur do Xardín Botánico Artístico e o 1,5% Cultural solicitado ó Ministerio de Fomento para o arranxo da Casa dos Capeláns. A xestión centrouse en buscar solucións aos problemas da xente.
El Correo Gallego
0 comentarios