Favoritismos na rúa Doutor Mosquera de Condide.

Publicado por Redacción en

con 1

A intersección da rúa Doutor Mosquera coa do Regadío sí foi reparada provisionalmente.

con2

A intersección da rúa Doutor Mosquera coa pista que vai á Paxareira non foi reparada provisionalmente.

Xa hai días denunciamos que a rúa Doutor Mosquera de Condide, onde houbo recentemente unha obra de renovación de servicios con construción dunha nova beirarrúa en unha das marxes era unha especie de «cidade sen lei» (contedores de lixo na nova beirarrúa estorbando o paso dos veciños e impedindo o paso das cadeiras de rodas, obras de peche de parcelas sen respectarse a liña do PXOM, cesións para o dominio público, vinculadas a licenzas, sen efectuar, etc…).

Pero hai máis: por mor das obras, as tres interseccións desta rúa coa do Regadío coa de Aldea de Abaixo e coa pista que vai á Paxareira quedaron moi danadas dificultando a circulación dos vehículos, pero, sorprendentemente, o goberno local só arranxou a intersección coa rúa do Regadío, quedando as outras dúas en estado lamentable. ? certo que estas zonas vanse pavimentar en breve pois van incluídas nunha obra de Medio Rural de asfaltado de toda a rúa Doutor Mosquera pero o que non é de recibo e o favoritismo dun goberno que mellora provisionalmente os accesos a unha rúa e non os das outras dúas.

Parece que o concelleiro de obras, Ángel Souto, residente nesta rúa e afectado polas obras, considera aos veciños que van cara a rúa do Regadio de primeira categoría e aos van cara ás outras dúas pistas de segunda.

Esperemos que os veciños prexudicados tomen boa nota do sucedido en maio próximo para que non se repitan feitos deste tipo.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures


1 comentario

pardillo · 26-04-2015 a las 16:20

critica con toda a razon, e un descaro do concellal de condide, amaña o trozo que lle interesa a el que vive ali e aos demais que lle den polo saco, non pode ser, conmigo que non conte para o voto do mes que ven

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.