??A xente ve miles de cousas e sabe que se fixeron con Maribel?.

Publicado por Redacción en

maribel /

Nas eleccións de 2011, Maribel Castro sacou rendemento da súa etapa como alcaldesa e o seu partido, Independentes por Pontecesures (IP), logrou o segundo edil, agora, na cita do 24-M coas urnas, quere mellorar eses resultados e volver a gobernar polos seus propios medios porque o tripartito ??non fixo nada destacable?. Así, concurre novamente como cabeza de cartel e cunha lista con moitas caras novas.

Como foron estes catro anos na oposición?
O tripartito fíxose todo mal, non hai nada destacable e polo tanto nada que valorar e tampouco facía caso aos escritos da oposición. Pasaron de todo. Un exemplo foi o tema dos badéns a colocar no centro do pobo. Comerciantes e veciños presentaron firmas en contra, porque xa temos bastante coa dirección única, pero fixeron caso omiso e teño entendido que xa teñen unha empresa contratada para facelo tras as eleccións ou pouco antes. O pouco que se fixo foi a golpe de protesta.

A súa agrupación ten sido protagonista de pactos políticos no pasado, como o que lle deu a Alcaldía, pero parece que agora está decidida a non buscar alianzas se fora preciso para gobernar.
Non. Cando nos presentamos é con toda a ilusión de gañar. O que sucederá non o sei, cando pase xa se verá ??ademais, vaille pasar o mesmo a todas forzas políticas??, miraremos os pros e os contras, pero en principio: alianzas con ninguén.

Que queda do Pontecesures que deixou tras a súa etapa como alcaldesa da vila?
Agora que estou recorrendo as aldeas repartindo o voto vexo as miles de obra que se fixeron de melloras, ampliacións de camiños ou o empedrado novo da Plazuela, o campo de herba sintética… Miles de cousas que a xente vai vendo e sabe que esta obra foi con Maribel e deles ??polo tripartito?? non podo dicir nada, porque non fixeron cousas pequenas, pero nada destacable.

Cáles son os seus principais proxectos para gobernar Cesures nos próximos catro anos?
En principio moitas cousas e algunhas nin van no folleto porque tampouco me gusta facer un testamento e ademáis, as cousas vanse facendo pouco a pouco, pero algunhas son fundamentais. Unha é recuperar a Festa do Churro, que instauramos como unha homenaxe merecida aos churreiros que levan o nome de Cesures alá por onde van; e a Festa do Automóvil, que está en decadencia, falando cos seus organizadores e o mesmo co resto, sempre en contacto cos axentes implicados nestas cuestións. E a da Festa da Lamprea… Está en decadencia total. Unha celebración así non pode rematar as tres da tarde, a xente sae de misa ás seis e xa non ten racións para degustar, haberá que poñer aínda que sexa pinchos, pero algo. Ademais, chamaremos a todas as portas, buscaremos a financiación precisa para construír un pequeno auditorio, porque o centro social quédase pequeno; facer separativas de pluviais e fecais; gustaríanos ampliar o paseo fluvial ata Valga; e, por suposto, atenderemos as necesidades dos veciños a través dos Servizos Sociais porque aínda queda moita xente que non é capaz de pedir axuda. Tamén hai que levar as actividades ás parroquias e facer un local social para a actividade diaria dos maiores e os colectivos, e sobre todo mellorar a limpeza do pobo.

O edil de ACP, Luis Ángel Sabariz foi o seu aliado no pasado qué lle produce a súa marcha da política activa?
Como compañeiro que foi, paréceme unha gran perda porque traballaba moito polo pobo, cada vez que vía algo mal enviaba escritos e os do goberno ían a remolque. Persoalmente o botarei de menos, pero agora estamos aquí e os veciños teñen que valorar a nosa xestión neste tempo, que xa coñecen. Pídolle que reflexionen, pero désexolle sorte a todos.

Diario de Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.