??O Goberno foi un ??Trío para un solista?? e sen ideas. Só se puxo de acordo para cobrar dedicacións exclusivas?.

Publicado por Redacción en

JUAN MANUEL VIDAL SEAGE PP CESURES /

Juan Manuel Vidal Seage liderará por segunda vez consecutiva a candidatura do PP coas ideas claras e sen obviar o panorama destas eleccións, ás que concorren un total de cinco forzas políticas. De feito, o seu partido non está pechado a posibles pactos para gobernar, pero cunhas condicións inamovibles: ??Esixirei a calquera que pretenda pactar con PP que antepoña os intereses dos veciños aos seus particulares?. Con todo, os populares séntense reforzados pola renovación dos últimos anos e preséntanse para ganar o Goberno local porque, segundo o alcaldable popular, foi como na música de cámara: ??Trío para un solista?.

Estas elecccións preséntanse difíciles para os chamados partidos tradicionais, cre que o descontento xeralizado da cidadanía con eles pasaralle factura ao seu partido o 24-M?
De todos é sabido que estas eleccións teñen un carácter eminentemente personalista, onde o peso específico do candidato é maior que os condicionantes que a percepción da pertenza a un partido político poida ter. Non obstante, non somos alleos ó feito de que pertencer a un partido que está gobernando na nación e na Xunta, tomando medidas moitas veces difíciles e que non sempre foron ben entendidas por un sector dos electores, pode supor un handicap á hora de determinar a intención de voto. Tampouco axuda a actual desafección do electorado pola cousa pública o que fai que unha parte do electorado non encontre motivacións para achegarse a votar.

Como foron estes catro anos na oposición?
Hai un eufemismo que di que a oposición é un lugar moi frío e é unha máxima que en Pontecesures cúmprese ó dedillo por mor, básicamente, de que no salón de plenos non funciona o radiador que temos ás nosas costas ??non o fixo nin o primeiro día dende que eu son concelleiro na Corporación??, e o mesmo sucede coa megafonía. Nunca conseguín que se me escoitara por ela porque tampouco nunca funcionou… Excepto o día en que trouxen unha da casa a batería para conseguir que puidera escoitarme a escasa afluencia de público que había neste ambiente tan hostil. De calquer xeito, creo que fixemos unha oposición boa, basta ver que moitas das actuacións do equipo de goberno foron propostas que tiñamos feito nós anteriormente, e sen cobrar nada.

E a lexislatura do tripartito?
Existe un símil na música de cámara para definir estes ano de goberno: ??Trío para un solista?. Ten sido un executivo que gobernou manifestamente en contra dos veciños; un goberno heteroxéneo, que unicamente se puxo de acordo para percibir cada un a súa dedicación exclusiva; un goberno esgotado nas ideas e un alcalde ausente. Todo isto unido a unha xestión baseada na rutina. En resumidas contas, foi un goberno desunido e con pouca capacidade para tramitar proxectos e axudas nas distintas institucións, e no peor dos casos incluso se perderon algunhas subvencións. Pontecesures está como estaba Roma ó final do Imperio.

En Pontecesures as coalicións para gobernar son habituais debido a ampla oferta electoral. Falar de pactos está na súa axenda?
A demagoxia ten uns límites siquiera de pulcritude. Que todos os candidatos dos partidos políticos que concurren ás eleccións en Pontecesures aspiren a gobernar por maiorías, é un delirio. Vemos como calquera deles non tivo o máis mínimo reparo en encontrar alianzas chegado o momento e con aqueles que colmaran as súas aspiracións personais. Como candidato do Partido Popular non son alleo aos efectos deste minifundismo político que padecemos. O que si esixirei a calquera que pretenda pactar con PP é que antepoña os intereses dos veciños ós particulares, e que os intereses últimos que movan a uns e outros, non sexan a mellora das súas condicións laborais ou económicas.

O Partido Popular sufriu a baixada dun concelleiro nas anteriores municipais logo tamén da marcha dalgúns membros, como esta hoxe o PP cesureño?
? innegable que a división do 2011, onde das sete candidaturas que se presentaban, tres eran escisións directas do PP, aínda que en distintas épocas no tempo, supuxo unha tremenda lousa para os resultados nas pasadas eleccións locais. Afortunadamente, estes cismas están superados e houbo unha renovación con persoas que se integraron no equipo e que son magníficos profesionais nos seus respectivos traballos, con ideas renovadas e cunha tremenda capacidade de traballo e sacrificio.

Que quere vostede para Pontecesures?
Dende o noso equipo propoñemos unha serie de medidas de choque, que conformarían as liñas básicas do programa electoral. Unha sería a aposta polo emprego, baseada na adquisición de experiencia e formación para o colectivo de desempregados, a través de Obradoiros, talleres de emprego, etc. E complementalo con cursos de formación. Tamén unha aposta pola calidade de vida coa mellora urxente de parques infantís, zonas de esparcemento, etc. A mellora de instalación e equipamentos deportivos, e a elaboración dun estudo de calidade ambiental do noso concello.
? unha aposta pola creación de riqueza, que terá un dos seus piares na potenciación do turismo, a adquisición de inmobles privados en desuso para adicalos a fins museísticos etc., así como a elaboración dun estudo sobre a utilidade, ou non, de devolver ás rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García ao dobre sentido de circulación.

Como é o equipo que o acompaña nesta nova cita coas urnas?
Un equipo de veciños, de xente comprometida, que non aspira a que o seu paso pola política supoña unha mellora na súa situación laboral ou económica, e cunha capacidade de traballo e claridade de ideas, francamente envexable.

Diario de Arousa


2 comentarios

con sentido · 25-05-2015 a las 00:26

Noraboa Manolo! Foi un gran resultado! Gañáches as eleccións á alcaldía de Pontecesures. Eres o máis votado! agora os pactos decidirán, e cada grupo interpretará a voz do pobo depositado nas urnas, pero se hai castigos e recompensas, ti eres afortunado!

doctor · 25-05-2015 a las 15:15

E este quen é?

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.