Rompen unha luna na sede do PP de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

luna1Luna2

Pinchar nas fotografías para velas máis grandes.

Nesta mañá do 22 de maio apareceu rota unha luna da sede do Partido Popular de Pontecesures situada na rúa Víctor García. Ao parecer a luna foi atacada cun obxecto contundente.

Arestora o candidato á alcaldía Juan Manuel Vidal Seage, dispoñíase a presentar a correspondente denuncia no Cuartel da Garda Civil de Valga.

Categorías: Sin Categoria

14 comentarios

con sentido · 22-05-2015 a las 12:19

Esto debe formar parte da democracia, como non podemos atacar ao cabeza de lista e ao seu grupo por outro lado, decidimos facerlle dano gratuitamente con este tipo de ataques. Noutros tempos pintadas na casa de concelleiros, agora esto. Temos neste pobo a moito delicuente solto, eso é o que temos. NON hai peor dictadura que os ataques e falta de respeto ás diferentes ideoloxías, e se van acompañadas de actos vandálicos, xa non sei como chamarlle. Seage!! moito ánimo, a túa laboura na oposición foi constructiva, dialogante e moderada, non mereces esto e moito menos que altere o teu talante sereno, conciliador, e falto de rencor. Estes acosos que estás sufrindo van fortalecer e mobilizar o voto da xente intelixente que vai ver en eles a talla moral dos teus contrincantes.

manolo o do bombo · 22-05-2015 a las 12:21

ESte local alquilado hay uns anos sin facer ningun acto o partido popular pagando un alquiler asi se gastan os cartos eso non quere decir que anden rompendo as cousas mal feito…

    con sentido · 22-05-2015 a las 13:04

    Cartos que non saen ni do teu peto nin das arcas do concello… mellor que o PP utilice para as súas reunións locais privados que sufragan cos seus cartos e non utilicen as instalacións municipais que son de TODOS.

      Ingelheim · 22-05-2015 a las 13:17

      Dis ti que non saen dos nosos petos.En fin…….

Tatexo · 22-05-2015 a las 13:38

Actos vandálicos de este tipo deberían de ser condenados sin excepción por todos los partidos en el mismo momento en el que se produzcan. Y sí, por desgracia en Cesures lo que predominan son este tipo de altercados, ¿Ya nadie se acuerda de la oleada de robos que sufrimos en el pueblo este verano? ¿Acaso le gobierno hizo algo al respecto? Fuera este trío de una vez.

¡Ánimo Manolo! Tu vales mucho, quizás más de lo que este pueblo merece. No dejes que estas cosas u otras te afecten. Te queremos como alcalde.

    con sentido · 22-05-2015 a las 15:44

    Esto non é un acto vandálico fortuíto, esto é un ataque a Manolo como o conto das octavillas, sen fundamento, sen criterio, e sen o máis mínimo de racionalidade….. fanatismos alimentados polas forzas políticas adversas que van de progresistas e democráticas…. reconres, odios, envexas, e o máis importante! Non ter por onde facer dano e optar por romper cristais….

papagos · 22-05-2015 a las 20:35

A ver un pouquiño de calma que algúns parece que estades un pouco nerviosos. Estamos falando dun acto vandálico, reprobable e por suposto condenable, agora ben, tratar de magnificalo é un pouco delirante.
Eu descoñezo si algunha forza política alimenta fanatismos, rancores, odios e envexas, pero coidado con meter a todos no mesmo saco. Non vaia ser que todas estas aversións teñan a súa orixe no PP.

Luis Sabariz · 22-05-2015 a las 21:08

? un pouco forte culpabilizar, aínda que sexa indirectamente, á formación que tivo a ataque da propia acción.
Eu aos que vexo máis nerviosos son aos cabezas de lista que están a cobrar unha exclusiva no concello. Xóganse moito.

charly · 22-05-2015 a las 22:28

meu deus que mentes tan retorcidas hay, a hijab islamica seguro que ten posibles
adeptos en cesures,en vez de condenar en fin al tiempo que lo pone todo en su sitio, suerte o domingo para todos,

con sentido · 23-05-2015 a las 00:10

O problema é que estas cousas non é a primeira vez que pasan… que llo pregunten a Sabariz… lembrade as pintadas da biblioteca por exemplo. Nerviosos andan os que fan estas cousas porque lle teñen medo aos resultados do domingo. Será que algúns ven no adversario unha alternativa seria de goberno?

papagos · 23-05-2015 a las 10:53

Pois si que estades nerviosos, a tenor da vosa actividade frenética nesta páxina. Sr Sabaríz, eu non dubido de que vostede saiba ler e non digo o que vostede está dicindo, eu non culpo a ninguén nin directa nin indirectamente da rotura dos cristáis contrariamente ao que facedes vos culpando ás outras forzas políticas. Vostede está desesperado e mostra unha gran sede de vinganza, sacando notas tódolos días á desesperada para tratar de influír no voto da xente. Francamente non sei si provoca máis vergonza allea que pena ou mágoa.
Deixade de insultar aos veciños, mañá todos votaremos libremente e o resultado será o que a maioría decida nos guste ou non, en iso consiste a democracia. Afortunadamente que non concorran tránsfugas, en principio, garante unha corporación lexítima.

Luis Sabariz · 23-05-2015 a las 13:27

Non teño razón algunha para estar nervioso, non me presento ás eleccións. Xa dixen que ata o remate do mandato ía facer o meu labor de oposición e continúo coas notas como fixen durante todos estos anos cando vexo asuntos criticables. Sobre o voto dos veciños xa dixen a miña postura fundamentada en todo o que leva ocorrido nos catro anos. De vinganza nada, de que considero que pode facelo mellor outro goberno, por suposto.
Ninguén lle botou a culpa do ataque á sede do PP a outra forza política. O sorprendente foi expoñer neste medio que podería estar o propio PP na orixe do acto vandálico. Sona a un argumento inventado para que na rúa, onde non gustan estas accións, o PP non saia reforzado cara ás votacións do domingo.

mar · 23-05-2015 a las 14:48

Hoy estamos en jornada de reflexion…….. suerte a todos y el pueblo hablara mañana

con sentido · 23-05-2015 a las 18:19

Nerviosos están os adversarios políticos para chegar a facer esto, e non son capaz de entendelo doutra forma. Ahora vou seguir reflexionando si votar mañá a Vidal Seage ou a delincuentes que se dedican a destrozar a sede do adversario a pedradas.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.