Padrón busca atraer grazas á súa natureza e o seu sabor.

Publicado por Redacción o

Un programa creado pola concellería de Turismo quere impulsar o sector.

As terras de Iria, os seus sabores e a súa literatura serán os protagonistas do novo plan da concellería de Turismo de Padrón, para atraer visitantes á zona.

A creación dunha ruta do Pemento, cuxa historia remóntase ao século XVI, no que foi transportado a Galicia polos monxes franciscanos do convento de Herbón. A concellería prestará especial atención a este manxar, cuxa tempada de recolección comezou este mes de maio.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.