«Os veciños agardan ter un goberno serio e estable».

Publicado por Redacción en

O rexedor di que «se todos os partidos queremos lograr o mellor para o pobo, non será unha lexislatura perdida».

Antonio Fernández Angueira (Padrón, 1975) tivo que agardar a votación do pleno de investidura para saber que repetiría como alcalde de Padrón.

-¿Vía posible un pacto para botar ao PP do goberno local?

-Matematicamente era posible, pero penso que se tratou en todo o momento dun acordo entre grupos políticos de ideas completamente distintas e alonxadas. E houbo outros dous partidos coa idea firme de non facer experimentos.

– ¿Ve difícil a gobernabilidade con 5 de 13 concelleiros e seis partidos na oposición?

-Gobernar nunca é sinxelo. En Padrón é certo que non será fácil pero, despois dos catro anos anteriores, espero mellorar o consenso entre tódolos grupos e remar na mesma dirección porque o obxectivo final é mellorar a vida dos padroneses.

-Na xestión diaria, ¿vai buscar pactos ou acordos puntuais?

-Porei todo da miña parte para manter un diálogo aberto con todos os grupos da oposición, centrándonos o meu equipo e eu en propoñer, dialogar, escoitar e aprobar os bos proxectos e ideas.

-No seu goberno só hai unha cara nova. ¿Manterá o reparto de áreas?

-A estrutura de goberno e as áreas serán practicamente a mesma e, coma valor engadido, a experiencia dos anos anteriores.

-En canto as dedicacións, fai catro anos a oposición lle botou abaixo a proposta inicial. ¿Vai buscar apoios esta vez?

– Xa estou en contacto con todos os grupos respecto as dedicacións e nos reunimos xa con catro deles. Plantexáranse dúas parciais e unha exclusiva.

-¿Que é o prioritario para Padrón?

-Un goberno de estabilidade para sacar adiante tanto os proxectos a curto prazo, como o paseo da desembocadura, a rotonda de A Picaraña, asfaltados ou saneamentos, coma o desenrolo do PXOM e plans especiais que deseñen o noso pobo para o futuro. Importante tamén é atender e axudar a cada unha das persoas para mellorar o seu benestar.

-¿Que cre que agardan os padroneses dun goberno en minoría e cunha oposición de seis partidos distintos?

-Penso que calquera veciño espera que os seus representantes estean a altura do cargo de responsabilidade que ocupan e agardan ter un goberno serio, estable e con capacidade para afrontar situacións complexas e abordar novos retos.

-¿Podería ser unha lexislatura perdida?

-Se todos temos como premisa lograr o mellor para Padrón, non estará perdida. Se a actitude é a da crítica non construtiva con fins políticos e o único e ir en contra do PP, o máis afectado será o pobo. Iso non debe pasar.

Antonio Fernández Angueira alcalde de Padrón.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.