Insólito: O cartel dos actos do noventa aniversario do concello coñécese polas redes sociais.
Con sorpresa coñecemos o cartel destes actos polas redes sociais. O goberno local nin presentou nin publicitou, que se saiba, por agora o cartel nin os actos (na prensa, na web municipal, etc..). Resulta pouco serio, e sona máis ben a unha filtración de alguén do propio goberno, o sucedido. Resultaría entendible que se informara sobre os actos por alguén que os soubera, pero publicar o cartel oficial así en primicia é grave. En fin, unha falla de respecto á corporacións, aos convidados aos actos e aos veciños en xeral.
Luis Ángel Sabariz Rolán
Exconcelleiro de Pontecesures
2 comentarios
Almai · 25-09-2015 a las 20:21
Arré! Os actos empezan o 7 de outubro. Non creo que sexa necesario publicitalo con tanto tempo de antelación.
javahacks · 25-09-2015 a las 20:26
Si si, que mal me pareceu esto eh??? Unha desgraza total. Os veciños bótanse ás ruas protestando, chega xente de tódalas provincias