O rumor da moción de censura non deixa Padrón.
Ata sete forzas políticas toman asento no salón de plenos de Padrón que preside o popular Antonio Fernández Angueira en minoría. E desde o principio o rumor da moción de censura deixase oir na vila de Rosalía. Non hai semana que non se dispare.
As combinacións para gobernar a vila padronesa son moitas e variadas aínda que os compañeiros de viaxe resultantes deses encaixes de bolillos non garanten moita estabilidade.
Xa estamos acostumados a que os intereses persoais primen sobre o ben do pobo. E Padrón non é excepción.
Tempo tiveron os políticos da oposición padronesa para chegar a pactos para tomar o timón do goberno. O problema preséntase cando son varios os que aspiran a levar o bastón de alcalde. Ou cando todos queren levar a razón. De momento só foron capaces de poñerse de acordo para que a Pascua se celebre sen touros. E o alcalde, en minoría, acatou a orde e a cumpriu. Non lle quedaba máis remedio.
Semella que ese é o mellor xeito de que a oposición impioña a súa forza e deixe eses rumores interesados que non benefician a ninguén.
El Correo Gallego
0 comentarios