CURSO DE GRAFFITI EN PONTECESURES (Programa DEPO R?ARTE Da Deputación de Pontevedra).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

depo ruarte 2016

Ao abeiro do Programa DEPO R?ARTE 2016 da Deputación de Pontevedra vaise impartir en Pontecesures un curso de 25 horas de GRAFFITI. O curso desenvolveráse dende o luns 1 ata o xoves 11 de agosto, en horario de 11.00 a 14.00 horas no local anexo ao Pavillón Polideportivo (as datas e horarios do curso poden sufrir algunha variación). Os requisitos para participar neste curso son: residir en Pontecesures e ter entre 14 e 30 anos (ambos inclusive) (se hai prazas vacantes poden participar persoas non residentes en Pontecesures e tamén as que non cumpran o requisito da idade).

Os interesados/as en participar neste curso teñen o modelo de solicitude na OMIX (oficina municipal de información xuvenil) na Casa do Concello. O impreso de solicitude  acompañarase de fotocopia do DNI, xustificante de empadroamento e autorización de participación (menores de 18 anos). O prazo de inscrición estará aberto ata o  22 de xullo.

SOLICITUDE DE PARTICIPACI?N CURSO GRAFFITI.

AUTORIZACI?N MENORES CURSO GRAFFITI.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.