Outra homenaxe a Borobó en Pontecesures polo centenario do seu nacemento.

Publicado por Redacción o

cente

Será ás 12 horas do domingo día 28 de agosto na antiga Casa de Lozano (hoxe Casa do Río) para lembrar o Centenario de Borobó e o seu decimoterceiro cabodano.
Haberá unha mesa aberta ao coloquio, coas intervencións, por esta orde, do xornalista Benxamín Vázquez González, do escritor e catedrático de Dereito Penal, Gonzalo Rodríguez Mourullo (compoñente da “Xeneración de La Noche”), do debuxante e presidente do Club de Prensa de Ferrol, Siro López Lorenzo e do xornalista, licenciado en Dereito e Periodismo, Raimundo García Paz, fillo de “Borobó”. Moderará o coloquio o presidente da APSC, Luis Menéndez Villalba, e ao peche do acto descobrerase una placa conmemorativa do Centenario na fachada da antiga Casa de Lozano.

Nestes días estase a distribuir un número especial de “La Noche” elaborado pola Imprenta da Deputación Provincial de Pontevedra. Nel reflíctense unha serie de recoñecementos relacionados con esta homenaxe, dándolle as grazas:

-A Maite Tocino Barreiro, impulsora desta homenaxe xunto con Roque Araújo Rey, que deseñou e maquetou este número extraordinario.
-Aos participantes na mesa en memoria do escritor e xornalista.
-Á Casa do Río onde se celebran os actos.
-Á Deputación de Pontevedra, cuxa Escola de Canteiros labrou a lembranza en pedra de Siro, poñendo tamén a disposición a imprenta para tirar o número.
-Á Editorial Compostela pola utilización da cabeceira e reprodución dos “Anacos”.
-Á familia de Borobó, polo uso do seu arquivo e pola colaboración prestada.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.