Hoxe pleno extraordinario e urxente en Pontecesures.
Para tratar cuestións económicas como a aprobación dunha modificación de créditos con cargo ao superávit para financiar determinados investimentos, convocouse hoxe un pleno extraordinario e urxente para ás 21 horas.
O tema ven rodeado de polémica pois o pleno (só extraordinario) estaba conovocado para hoxe ás 11:30 horas, e de feito onte tivo lugar a comisión informativa para tratar os asunto. Porén, antes do pleno, presentou o BNG un escrito expoñendo que o pleno era ilegal porque non se convocou aos concelleiros con dous días hábiles de antelación como dispón a normativa de réxime local. Non se celebrou así o pleno das 11:30 horas e entón o alcalde convocou o pleno extraordinario e urxente cos mesmos puntos (que non precisa a convocatoria coa antelación antes indicada) para ás 21:00 horas. No punto 1ª da Orde do Día o pleno debe decidir por maioría ratificar a urxencia da sesión.
Máis lío. Resulta que, ao parecer, hai hoxe á tardiña hai un acto electoral do BNG no Centro Social.
0 comentarios