José Miguéns estrea o seu palmarés internacional cun bronce europeo.
O Kennel Den de Catoira retornou esta fin de semana da localidade inglesa de Therford cos seus cinco deportistas na selección española de mushing cumprindo as expectativas no Campionato de Europa IFSS. Co pontecesureño José Miguéns colgándose a medalla de bronce na modalidade de canicrós júnior. Unha proba na que, certo é, tan só participaron finalmente tres competidores, e co galego, debutante no panorama internacional na que inda é a súa segunda tempada coma canicrosser, moi lonxe do británico Rowan Saxto e do sueco Jonas Näslund, subcampión en 32.24 e campión en 31.51, respectivamente. Miguéns, pola súa banda, cubríu as dúas mangas cronometradas en 33.10 facendo parella con Sultán.
Polo que respecta ao resto dos internacionais do Kennel Den, a súa presidenta, a catoirense Mónica Touriño, protagonizou a súa mellor actuación internacional cun cuarto posto en canicrós feminino sénior, cuarta con Nepal cun crono de 31.29.36, polos 31.00.51 da alemana Viola Hummel, bronce. As checas Martina Stepankova (28.04.45) e Katerina Bluchova (30.29.89) fixéronse co ouro e coa prata.
Publicidad
?scar Piñeiro e Argos remataron quintos en canicrós sénior, Kiko Martínez e Polo décimos en veterán, e decimoitavos en bikejoring Noelia Piñeiro e Gala.
LA Voz de Galicia
0 comentarios