Satisfación no PSOE de Pontecesures ao aprobarse as súas mocións no pleno.

Publicado por Redacción o

Temos a satisfacción de comunicar que as propostas presentadas onte no pleno do Concelllo de Pontecesures polo grupo municipal socialista foron aprobadas.
Por unha banda, e por unanimidade, a referente a solicitude da mellora e arranxo da PO-214 (A Estrada- Pontecesures).
Por outra banda, a nosa proposta para establecer beneficios fiscais de igualdade social, políticas, ambientais, impulso de promoción económica e creación de emprego tamén saiu adiante cos votos a favor da oposición e a abstención do equipo de goberno. Agardamos que estas propostas sexan consideradas na elaboración dos orzamentos.

PSOE de Pontecesures


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.