O alcalde resposta ás criticas das concelleiras do BNG sobre o seu salario é publica a nómina.

Publicado por Redacción en

Parece que as concelleiras do BNG recollen o testigo dalgún desaparecido concelleiro e andan de novo coa cantarela dos salarios, neste caso do meu…

Humildemente creo que o feito de que esté últimamente moito en discusión o saIario do presidente da Xunta non terá nada que ver con esta repentina preocupación de parte da oposición.

Polo que respecta ós meus emolumentos…e como vexo que hai dúbidas nas cantidades, indicar que percibo o mesmo salario que percibía a anterior alcaldesa ata o pasado 9 de Maio, co matiz de que antes cobraban tres… e agora cobramos dous… tamén decidín que mentres estamos traballando na aplicación da Lei de Transparencia no concello xa lles vou adiantando a miña nómina mensual.

Sen pretender ser presuntuoso, os meus ingresos como alcalde quedan moi lonxe dos que percibiría de traballar únicamente na empresa privada na que levo 20 anos, non é un reproche, sempre souben ó que me expoñía cando me presentei para alcalde. Descartado o móvil económico, nada me gustaría máis que algunha das miñas antecesoras no cargo poidese decir o mesmo….

nomina

Juan Manuel Vidal Seage


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.