Liorta entre o alcalde e o BNG polos libros da biblioteca e o labor do edil de Cultura.
Expurgo..señoras concelleiras…..¡¡¡¡ Expurgo……¡¡¡
O espacio físico nunha biblioteca debe estar pensado dende un principio para dar cabida un número de libros que virá definido previamente tanto cuantitativa coma cualitativamente.
Case sempre o detonante para a realización do expurgo na biblioteca é o espazo…Cando debido a compra continua de novas publicacións se satura o espazo débese actuar de forma urxente eliminando as publicacións deterioradas, duplicadas, obsoletas, etc…
Todos estes materias expurgados danse de baixa no catálogo e dase conta á Xunta de Galicia os datos a 31 de decembro de cada ano.
O concelleiro de Cultura e máis eu confiamos na profesionalidade do personal ó frente da Biblioteca municipal de Pontecesures e no seu bo criterio á hora de facer este e vindeiros expurgos.
Tamén me manda o Concelleiro de cultura un enlace para que, chegado o caso amplíen información sobre este particular.
http://www.bibliopos.es/expurgo-metodo-crew/
Juan Manuel Vidal Seage
Non tardou moito a resposta do BNG:
Calma……señor alcalde…..¡¡¡¡ Calma !!!!! Xa vemos que sabe buscar no dicionario, moi ben, noraboa; debeu buscar nalgún dos que non remataron no lixo
Sabemos o que é un expurgo, tranquilo; vostede pensará que non cheguemos á súa talla intelectual pero bueno, non nos subestime.
Non teremos que subestimalo nós a vostede, non? Como, tanto a definición como o fin ou a xustificación do que é un expurgo xa a coñecíamos, cabe pensar que non entendeu ben a pregunta das nosas concelleiras no pleno do día 28, sobre todo tendo en conta que lle levou atopar unha ¿resposta? 8 días?..
Non se preocupe, nós repetímoslla as veces que faga falta: non preguntamos o que é un expurgo, preguntamos: ¿por qué remataron esos libros (incluindo dicionarios) no caldeiro do lixo? Pódense doar; idear algún sistema de troco co que darlle valor a lectura; regalalos?..
Nós tamén confiamos na profesionalidade do persoal ó frente da Biblioteca; en quen non podemos confiar moito é nun alcalde que non sabe dar unha resposta a por qué se tiran libros ou nunha concellería que, ademáis de carecer dun mínimo programa cultural, por non ter non ten nin un teléfono ou e-mail de contacto
(Por certo, explíquelle a algunha persoa á que todavía non lle quedou claro que esos libros non os deixou alí nengún veciño…)
BNG Pontecesures
0 comentarios