O BNG pregunta polo derrubamento da torre da “Villa Pombal”.

Publicado por Redacción o

Gustaríanos coñecer a opinión dos responsables de obras e urbanismo, Ángel Cordo e Maribel Castro, sobre o derrubamento da torre e terraza superior de “Viila Pombal”, edificio incluido no catálogo de Bens de Protección Histórica do PXOM, cando non existe ningún informe que así o aconselle como puidemos corroborar esta mañán en dependencias municipais. Supoñemos que agora que o BNG pregunta, procederán á súa paralización cando o dano xa está feito

Botamos de menos unha declaración oficial do señor Seage condenando este atentado contra o noso patrimonio; queremos pensar que os nosos edificios históricos teñen para o alcalde,como mínimo,a mesma importancia que o tabique de ladrillo que algún descerebrado botou abaixo e mereceu ser calificado de atentado (sic) polo señor Seage.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.