O Náutico de Pontecesures acode ao control galego de 5.000.

Publicado por Redacción o

Os sete clubs arousanos de piragüismo participan esta mañá no complezo Deportivo David Cal de Verducido no control de 5.000 metros, a cita que serve tradicionalmente de preludio á apertura da tempada oficial en pista, que arrincará co Campionato Galego de Inverno.
O Salnés e o Baixo Ulla preséntanse con máis dun de cada cinco padexeiros cadetes, júniores, séniores e veteráns anotados, 144 dos case 550 participantes. Unha porcentaxe que se multiplica por dous, con 91 dos 243 infantís entre o As Torres-Romaría Vikinga, Breogán, N. Pontecesures, P. Illa e N. O Muiño.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.